BEGOÑA CAAMAÑO
Begoña Caamaño (Vigo, 1964) é xornalista.
Redactora do Diario Cultural da Radio Galega, emisora na que traballa dende
1989. Antes traballou nos servizos informativos de Radio Popular de Vigo e en
Radio Noroeste. Foi correspondente en Vigo da Axencia Galega de Noticias e do
desaparecido xornal madrileño El Sol. Colaborou en A Nosa Terra, Tempos e Novas da Galiza, e é autora de reportaxes e artigos nas revistas Festa da Palabra, Silenciada e DeLiberadaMente.
O LIBRO
CIRCE OU O PRACER DO AZUL
Nesta novela Begoña Caamaño relata o que nunca
se contou da historia de Penélope e Circe, un dos mitos centrais da cultura
europea.
Unha muller leva once anos agardando polo retorno do seu home. Cando comeza a temer a probable morte do marido, recibe a carta dunha estraña, unha muller misteriosa que a informa de que o seu home non está morto, senón que vive con ela un romance apaixonado. A partir de aí vaise tecendo unha relación epistolar entre as dúas; o home dunha e amante doutra acábase convertendo só no pretexto que vai unir para sempre o destino das dúas mulleres.

Sem comentários:
Enviar um comentário