quinta-feira, 8 de dezembro de 2011

XAVIER FRANCO ALONSO

Nace en Pontevedra en 1967 e estuda Xeografía e Historia na Universidade de Santiago; traballa na administración autonómica en Vigo, cidade moi presente na súa escrita e na que reside.

É autor do libro de relatos Eventuais
(1997), no que se centraba na vida provisoria dun mangado de personaxes da mocidade urbana galega.
No ano 2003 publica en Galaxia Oitocentos
.

O LIBRO

AINDA

Un escritor viaxa a Lisboa. Outono. Non sabe que vai facer alí. Só que é o momento de ir e quizais de escribir un libro para o que non ten historia ningunha. A propia cidade, os pequenos acontecementos, os personaxes que se cruzan no seu errante deambular, pensa, deben ditar a historia. Ou quizais non deba escribir nada, só respirar e calar; porque, ¿un libro serve para algo? ¿Pode ser un axuste de contas con un mesmo, alimentar a vida desgastada?

Apuntamentos dos días, de dúbidas, de xestos que van cobrando significado. Un caderno de viaxe que pode converterse nunha novela.

A construción dun texto que se cuestiona a si mesmo. A escrita ou a deserción. Contar como antídoto e cura do mal fado. Contemplar o discorrer lisboeta do Tejo pode suxerir moitas cousas, saborear nalgún restaurante da Baixa un prato de bacallau na compaña dun tinto do Dao darlles corpo, pasear por Alfama sen marcar rumbro entretecelas dun sutil engado que arrola...

Lisboa é saudade, literatura, fado... e a paisaxe a retratar por esta novela... aínda que quizais, en verdade, só sexa o fondo doutro retrato máis difícil e case sempre condenado ao fracaso, por forza errado, o autorretrato.

Sem comentários:

Enviar um comentário